hurrita
hurrita
Plural:
hurritas
-
adx
Relativo ou pertencente aos hurritas ou á súa lingua.
-
s
[ETN/HIST ]
Individuo do pobo hurrita.
-
s
m pl
[ETN/HIST ]
Pobo de Oriente Próximo, que habitaba o territorio situado entre os lagos Van e Urmia, e que cara a 1600 consolidou o reino independente de Mitanni.
-
s
m
[LING ]
Lingua dos hurritas, aínda sen clasificar (amosa semellanzas co elamita, co ẖatti, co urarteo e coas linguas caucásicas), que se documenta desde o 2300 a C.
-
relixión hurrita
[RELIX ]
Relixión propia dos hurritas na que as divindades, representadas de xeito antropomorfo ou zoomorfo, encarnaban as forzas da natureza.