grupo
ital gruppo
-
-
s
Certo número de persoas, animais ou cousas que forman un conxunto por ter semellanzas ou características en común ou por estar no mesmo lugar.
-
s
[ARTE ]
Conxunto de figuras, retratos, pinturas ou outra manifestación artística, que forman unha unidade nunha obra.
-
grupo escultórico
[ARTE ]
Escultura integrada por un conxunto de figuras.
-
s
-
s
m
[MAT ]
Estrutura alxébrica que se constitúe por un conxunto G onde se define unha operación, que para calquera elemento a, b, c de G cumpre que ten a propiedade asociativa, que G contén un elemento neutro e e que para calquera elemento a existe outro en G, que se representa por a’, que é o seu inverso.
-
s
m
[FÍS ]
Conxunto de dúas máquinas, xeralmente un motor e un xerador, que se axustan mecanicamente.
-
-
grupo consonántico
Reunión de dúas ou máis consoantes sucesivas con ou sen unidade silábica.
-
grupo de intensidade/tónico
Elemento ou conxunto de elementos lingüísticos dotado de sentido e supeditado a unha sílaba tónica preponderante que regula o resto dos acentos secundarios, de acordo, ou non, coas sílabas tónicas dos outros elementos.
-
grupo fónico/fonético
Elemento ou conxunto de elementos lingüísticos dotado de sentido e limitado por dúas pausas.
-
grupo polifonemático
Conxunto de formas susceptibles de funcionar independentemente.
-
grupo vocálico
Reunión de dúas ou máis vogais sucesivas con ou sen unidade silábica.
-
grupo consonántico
-
s
m
-
Unidade táctica que na artillaría se forma por diferentes baterías baixo o mando dun tenente coronel ou comandante, que equivale a un batallón de infantaría.
-
Unidade integrada na cabalaría por diversos escuadróns.
-
-
-
s
Unidade social composta por uns membros que se consideran vinculados entre eles a un esquema de conduta semellante ou pola realización dunha acción concreta.
-
grupo de presión
Grupo de persoas con intereses afíns de tipo económico, político, ideolóxico ou relixioso, que en beneficio propio inflúen nunha organización, esfera ou actividade social.
-
grupo parlamentario
Grupo formado polos representantes dunha mesma tendencia política e que para constituírse deben acadar un número establecido de membros.
-
s
-
grupo de cola
[AERON ]
Conxunto das empenaxes dunha aeronave.
-
grupo de empresas
[ECON ]
Unidade formada por unha sociedade mercantil denominada matriz e unha ou varias sociedades denominadas filiais, ligadas entre si por lazos económicos e financeiros.
-
grupo funcional
[QUÍM ]
Átomo ou grupos de átomos que se localizan formando parte das moléculas orgánicas, que lles confiren un conxunto de propiedades particulares que as caracterizan.
-
grupo propulsor
[TECNOL ]
Conxunto de mecanismos que fan mover un vehículo, especialmente unha aeronave.
-
grupo prostético
[BIOQ ]
Compoñente non proteico dunha proteína conxugada, con funcionalidade diversa.
-
grupo sanguíneo
[FISIOL ]
Conxunto de sistemas ou de factores sanguíneos, independentes uns dos outros, que se basean na presenza ou ausencia nos eritrocitos e no soro de diferentes características que, en conxunto, confiren aos individuos unha personalidade hematolóxica determinada.
Citas
- Toca nun grupo de jazz, Había un grupo de nenos xogando, Derrubaron un grupo de casas vellas