grao
-
-
s
Cada un dos estados, posicións, calidades ou valores dunha cousa cando se pode calibrar de maior a menor e viceversa.
-
s
alor ou medida en que se cuantifica algo que está suxeito a variación.
-
s
[EDUC ]
Cada unha das seccións en que se agrupan os alumnos segundo a idade ou estado de coñecementos.
-
s
[EDUC ]
Cada un dos títulos que se conceden segundo os diferentes niveis en que se dividen os estudos de ensino medio e superior.
-
s
[DER ]
Cada unha das partes en que se divide a duración das penas.
-
grao de abertura das vogais
[LING ]
Modo de articulación, en fonética articulatoria, ou distancia que separa o padal e a lingua, nunha emisión vocálica normal.
-
grao de obstáculo das consoantes
[LING ]
Modo de articulación, en fonética articulatoria, ou marxe de abertura do canal glótico ou supraglótico, nunha emisión consonántica normal.
-
grao de significación do adxectivo
[LING ]
Cada un dos valores ou nivel de expresión susceptible de ser manifestado por un adxectivo. Distínguense tres graos: o positivo, o comparativo (superioridade, igualdade e inferioridade) e o superlativo.
-
s
-
s
m
Nome que acompaña os títulos de certos estudos.
-
s
m
[METROL ]
Unidade de medida angular que equivale a 1/360 parte dunha circunferencia. Emprégase para expresar a lonxitude e a latitude.
-
s
m
-
Cada unha das divisións iguais numeradas dunha escala.
-
Unidade de medida da temperatura.
-
Unidade de medida dos ángulos.
-
grao Celsius [°C]
Intervalo térmico que corresponde a cada unha das divisións da escala Celsius. OBS: Tamén se denomina grao centígrado.
-
grao Fahrenheit [°F]
Intervalo térmico que corresponde a cada unha das divisións da escala Fahrenheit.
-
grao Rankine [°Ra ou °R]
Intervalo térmico correspondente a cada unha das divisións da escala Rankine.
-
grao Réaumur [°R]
Intervalo térmico correspondente a cada unha das divisións da escala Réaumur de temperaturas.
-
-
s
m
Posición que alguén ocupa dentro dunha escala, especialmente nunha xerarquía militar ou na administración.
-
s
m
-
Cada unha das xeracións que marcan o parentesco entre as persoas.
-
Distancia que separa, no parentesco, as persoas entre as que se establece o cómputo.
-
-
-
grao dun monomio
Suma dos expoñentes de todos os factores literais que compoñen un monomio.
-
grao dun polinomio
Grao do monomio de máis alto grao que contén o polinomio.
-
grao dun monomio
-
s
m
[DER ]
Cada unha das diferentes instancias ás que pode dar lugar un preito.
-
s
m
[BÉL ]
Dereito que se concedía aos militares para que se lles contase a antigüidade do emprego antes de obtelo. Tamén se concedía por honor.
-
grao alcohólico
[METROL/QUÍM ]
Unidade de medida da concentración alcohólica, que equivale ao tanto por cento en volume de alcohol etílico que contén calquera solución alcohólica.
-
grao de abstracción
[FILOS ]
Cada un dos graos que clasifican o nivel de abstracción conseguida no proceso cognoscitivo. A escolástica distinguiu entre os graos da física, da matemática e da metafísica.
-
grao de acidez
[ALIM/QUÍM ]
Característica química analítica dunha graxa que equivale ao tanto por cento dos ácidos libres que se expresan en forma de ácidos oleicos.
-
grao de fermentación
[ALIM/QUÍM ]
Tanto por cento de materias fermentables dun mosto de cervexa que se transforman en alcohol e dióxido de carbono.
-
grao de liberdade
[FÍS ]
Número de variables necesarias para definir o estado dun sistema.
-
grao de simetría
[XEOL ]
Conxunto de elementos de simetría que caracterizan cada clase cristalina.
-
grao xeotérmico
[XEOL ]
Número de metros que se ten que penetrar cara ao centro da Terra para experimentar un aumento de temperatura dun grao centígrado.
-
graos conxuntos
[MÚS ]
Graos da escala musical que se suceden inmediatamente.