"arqui" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 264.

    1. Relativo ou pertencente ao estilo churrigueresco.

    2. Estilo arquitectónico e decorativo. Foi desenvolto pola familia Churriguera a finais do s XVI e comezos do s XVII en España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torre con chanzos que ten forma dunha pirámide truncada á que se accede por medio de rampas e que acolle un templo no último piso ou terraza. É un elemento característico da arquitectura mesopotámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moldura en forma de S que remata unha cornixa.

    2. Remate dos capiteis xónico e corintio que ten a forma dunha táboa delgada ou fina.

    3. Corpo situado entre o capitel dunha columna e o arco ou lintel, na arquitectura medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de círculo ou circunferencia.

      1. Carta dirixida a diferentes persoas e cunha mesma redacción.

      2. Forma externa que reviste a resolución ou disposición administrativa ditada por calquera órgano da administración xerarquicamente inferior ao ministro e, nas comunidades autónomas, inferior ao conselleiro. O seu obxectivo é a organización interna e o funcionamento dos servizos dependentes.

    2. Anomalía da posición do cordón umbilical que consiste nun enrolamento do cordón arredor dunha parte do corpo fetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á orde do Císter.

    2. Monxe da orde do Císter.

    3. Estilo arquitectónico difundido pola orde cisterciense que marcou a transición entre o románico e o gótico (ss XII e XIII) que se caracterizou pola simpleza e austeridade, e o emprego da pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Unidade lóxica dun disco, constituída por un número determinado de sectores, normalmente dous (1024 bytes) pero ás veces con catro ou oito sectores.

      2. Grupo de sectores dun disco que non están marcados como libres pero que non están asignados a un arquivo.

    1. Conxunto de átomos que se unen entre eles formando estruturas poliédricas e que non adoitan conter un átomo central.

    2. complexo industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Elemento arquitectónico de sección circular que cumpre a función de soportar as presións verticais e oblicuas da arquitrabe e do arco, composto de base, fuste e chapitel.

      2. Columna co fuste decorado con estrías verticais que poden estar unidas con filete ou non.

      3. Columna que ten o fuste formado por bloques almofadados ou cadrados.

      4. Columna co fuste formado por distintos aneis ou faixas de diferente diámetro e superpostos un tras outro.

      5. Columna sen función construtiva e que se erixe en lembranza ou conmemoración dun suceso ou dun persoeiro.

      6. Columna que non está pegada ou adherida a ningunha parte do edificio ou do muro.

      7. Columna pegada que introduce parte do seu fuste no muro, formando parte del. OBS: Tamén se denomina semicolumna.

      8. Columna co fuste de forma helicoidal.

    1. Feixe de cousas colocadas unhas enriba das outras.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extensión de nome de arquivo usada para programas de linguaxe máquina non resituables en MS-DOS.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina que, co emprego do materialismo histórico como ferramenta analítica, postula as condicións de emancipación do proletariado e a súa concreción nun sistema social novo que, baseado na propiedade colectiva dos medios de produción, implica o fin da sociedade de clases e a desaparición dos estados coercitivos.

    2. Corrente e principio económico do anarquismo, que combate todo tipo de propiedade, tanto privada como colectiva. Xurdiu ao redor dos últimos congresos da Primeira Internacional. OBS: Tamén se denomina anarquismo comunista ou anarcocomunismo.

    3. Modo de produción, establecido por Marx e Engels, rexido pola apropiación comunal do traballo excedente. Caracterízase pola inexistencia de clases e estados, polo que a articulación da sociedade se establece entre os niveis económico e ideolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparato dotado dun mando de control que permite reproducir os videoxogos na pantalla dun monitor.

    2. Periférico co que se comunica o operador directamente co sistema operativo.

    3. Panel en que están dispostos os mandos de control dunha instalación ou dun aparato.

    4. Elemento arquitectónico construído en saínte, como as ménsulas ou as repisas.

      1. Parte superior da arpa onde están as caravillas.

      2. Mesa de mandos do órgano que comprende os teclados manuais, os rexistros e os pedais.

    5. Moble de adorno, moi frecuente nas salas dos ss XVIII e XIX, en forma de mesa alongada, xeralmente sen caixóns e sostida por columnas ou pés, que se coloca arrimada á parede e serve de soporte a obxectos decorativos.

    VER O DETALLE DO TERMO