"Sus" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 383.

  • Que é susceptible de ser circuncidado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Heteroproteido presente en todos os organismos aerobios, que posúe un grupo prostético porfirínico con ferro e que é susceptible de intervir en sistemas de respiración celular.

    2. Encima hemoproteínico que, no último elo da cadea respiratoria, fai de ponte na transferencia de electróns desde os citocromos c ata o osíxeno molecular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é susceptible de ser civilizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de clarificar.

    2. Proceso industrial de separación das partículas sólidas suspendidas nun líquido para aclaralo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Distribución dun conxunto de obxectos ou individuos nun certo número de clases ou categorías.

    2. Relación ou lista ordenada de cousas ou persoas, especialmente de postos ou prazas obtidas polos participantes nunha competición ou concurso.

    3. Praza que permite pasar a un nivel superior nunha competición.

    4. Ordenación sistemática de libros ou documentos que facilita a súa mellor utilización.

    5. Distribución dos seres vivos en grupos denominados taxons.

    6. Operación efectuada para separar as partículas sólidas, segundo o seu tamaño, peso ou densidade, co obxecto de obter agrupacións ou clases de partículas iguais.

      1. Ordenación dos trazos distintivos que derivan da análise da onda acústica susceptible dunha interpretación lingüística.

      2. Ordenación dos trazos distintivos que derivan da análise do traballo muscular que efectúan os órganos de fonación de movemento lingüisticamente interpretable.

      3. Descrición ordenada das combinacións regulares, das distribucións defectivas e das condicións de neutralización dos elementos funcionais fonemáticos de cada lingua.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore monoica, da orde das arecais, cun estípite gris e case liso, acabado nun penacho dunha trintena de follas ou palmas pinnatipartidas cuxo cultivo se dá en zonas de clima cálido e húmido, non moi arredadas do mar.

    2. Froito da árbore do mesmo nome. É unha drupa cunha parte líquida, (auga ou leite de coco) e unha parte sólida do endosperma que se emprega en alimentación.

    3. Fantasma co que se intenta asustar os nenos pequenos.

    4. Intelixencia que demostra unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao codicilo.

    2. Que está constituído por un codicilo.

    3. Cláusula testamentaria en desuso en que, como medida de precaución, se establecía que se aquel acto ou instrumento non podía valer como testamento tivese o valor xurídico de codicilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é susceptible de ser sometido a colación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colocar algo ou a alguén de xeito que se sosteña sen apoiar a súa parte inferior. Tm v pron.

    2. Matar a alguén suspendéndoo polo pescozo. Tm v pron.

    3. Cortar a comunicación telefónica colocando o auricular no seu soporte.

    4. Estar algo ou alguén suxeito nun sitio por unha parte quedando libre pola inferior.

    5. Bloquearse o funcionamento dun ordenador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arma de fogo portátil que apareceu na Península Ibérica a finais do s XIV procedente de Francia ou Italia.

    2. Peza de artillaría realizada en bronce, longa e de pouco calibre pero con moito alcance, que apareceu no s XV e caeu en desuso no s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO