clasificación
clasificar
-
s
f
Distribución dun conxunto de obxectos ou individuos nun certo número de clases ou categorías.
-
s
f
Relación ou lista ordenada de cousas ou persoas, especialmente de postos ou prazas obtidas polos participantes nunha competición ou concurso.
-
s
f
Praza que permite pasar a un nivel superior nunha competición.
-
s
f
[BIBLIOT ]
Ordenación sistemática de libros ou documentos que facilita a súa mellor utilización.
-
s
f
[BIOL ]
Distribución dos seres vivos en grupos denominados taxons.
-
s
f
[QUÍM ]
Operación efectuada para separar as partículas sólidas, segundo o seu tamaño, peso ou densidade, co obxecto de obter agrupacións ou clases de partículas iguais.
-
-
clasificación acústica
Ordenación dos trazos distintivos que derivan da análise da onda acústica susceptible dunha interpretación lingüística.
-
clasificación articulatoria
Ordenación dos trazos distintivos que derivan da análise do traballo muscular que efectúan os órganos de fonación de movemento lingüisticamente interpretable.
-
clasificación funcional
Descrición ordenada das combinacións regulares, das distribucións defectivas e das condicións de neutralización dos elementos funcionais fonemáticos de cada lingua.
-
clasificación acústica
-
clasificación de manuscritos
[FILOL ]
Estudo previo e indispensable dos testemuños manuscritos dun texto co fin de establecer a edición crítica.
-
clasificación radiométrica/espectral
[ASTRON/XEOG ]
Proceso de segmentación dunha imaxe dixital baseado nas características espectrais dos pixels.
Confrontacións
catalogaciónCitas
- Ambos os equipos acadaron a clasificación para as semifinais da competición europea
- O equipo local rematou a liga no terceiro posto da clasificación