"BOAC" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 242.

  • Letargo ou parada no desenvolvemento dun organismo produto dunha adaptación da especie a condicións de alimentación ou temperatura adversas ou para sincronizar a aparición dos adultos de toda a poboación, o que favorece a coincidencia dos sexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama da mecánica que estuda o movemento dos corpos en relación coas forzas que o producen.

    2. Relación entre os niveis máximo e mínimo dunha magnitude electroacústica.

      1. Maneira en que se desenvolve unha actividade tendo en conta as forzas que a determinan.

      2. Conxunto de forzas que interactúan e producen cambios dentro dunha estrutura en desenvolvemento.

    3. Conxunto de todos os mecanismos dinámicos que dirixen a circulación xeral atmosférica e participan nela.

    4. Rama da psicoloxía social que trata sobre o estudo teórico e experimental da formación e evolución dos grupos pequenos.

    5. Estudo do conxunto de procesos que determinan a variación temporal do número de individuos e a composición nas poboacións de plantas e animais nunha comunidade.

    6. Rama da análise económica que estuda a acción das variables económicas no tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Espazo que existe entre unha persoa ou cousa e outra.

      2. Período de tempo que existe entre dous feitos ou acontecementos.

      3. Distancia que se encontra por cálculo entre dúas posicións do navío.

      4. Distancia que se obtén mediante o cálculo da estima.

      5. Distancia que se consegue resolvendo os triángulos esféricos dunha ou varias observacións astronómicas.

    1. Afastamento afectivo ou ideolóxico na relación entre persoas.

      1. Diferenza destacable de valor ou rango entre persoas ou cousas.

      2. Separación que se mantén, especialmente no comportamento, con relación a unha persoa, un grupo ou un estrato social, en consideración da diferenza de grao ou condición social que existe.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de separar ou desunir unhas partes das outras.

    2. Ruptura bioxeográfica que non permite o fluxo xenético entre dous núcleos poboacionais dunha mesma especie.

    3. Separación normal dos cromosomas homólogos durante a meiose.

      1. Separación de dúas ou máis unidades lingüísticas que deben ir xuntas.

      2. Relación semántica que se expresa mediante unha coordinación disxuntiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que doa algo. Tm s.

      1. Que doa sangue ou órganos do seu corpo para que lle sexan transfundidos ou transplantados a outra persoa. Tm s.

      2. Individuo de sangue compatible coa do resto da poboación, 0 negativo, polo que pode ser transfundido a calquera receptor.

    2. Persoa que corría cos gastos dunha obra de arte ou arquitectónica, normalmente de carácter relixioso, e en que adoitaba aparecer a súa imaxe.

    3. Átomo que, nun semicondutor, está contido como impureza ou incorporado intencionadamente a un elemento capaz de doar un electrón.

    4. Substancia que, nas reaccións químicas heterolíticas, proporciona electróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Especie con poboacións que poden levar a cabo un intercambio xenético sen perda de vigor nin da fertilidade dos híbridos resultantes.

    2. Conxunto de ecotipos que presentan maior facilidade para o intercambio xenético entre si ca con outros conxuntos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina científica que trata das relacións entre os organismos e o seu ambiente pasado, presente e futuro. Esas relacións inclúen as respostas ecofisiolóxicas dos individuos, a estrutura e dinámica das poboacións, a organización biolóxica das comunidades e o fluxo de enerxía e materiais nos ecosistemas a diferentes escalas desde a local á global.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poboación dunha especie que amosa características adaptativas asociadas a un determinado ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espazo habitado permanentemente por poboación humana.

    2. Comunidade universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso de desenvolvemento/perfeccionamento e de inculcación/asimilación cultural, moral e condutual con que se pretende lograr a madureza dos individuos e a súa competencia para participar na vida social.

    2. Conxunto de programas e proxectos formativos que crean unha conciencia ecolóxica co obxectivo de promover a relación responsable entre a sociedade e a natureza.

    3. Educación que comprende medidas para superar ou minorar desvantaxes lingüísticas ou intelectuais de nenos e mozos.

    4. Educación que se lles dá, en particular, a persoas que non puideron recibir formación elemental en idade escolar.

    5. Tratamento educativo encamiñado a conseguir a integración social das persoas con deficiencias físicas, psíquicas ou sensoriais.

    6. Conxunto de exercicios musculares, concibidos dentro dun programa educativo, que busca a mellora física do individuo ao mesmo tempo que o somete a unha disciplina moral e mental.

    7. Conxunto de accións educativas ou escolares que están explicitamente incluídas nos niveis e tipos ordinarios de escolaridade.

    8. Educación de alumnos de diferentes culturas, seguindo uns programas e procesos didácticos revisados, para dar acollida a perspectivas culturais integradoras elaboradas desde o relativismo cultural, aínda que partindo da base axiolóxica dos valores humanos internacionalmente definidos.

    9. Conxunto de accións educativas ou instrutivas que non están explicitamente incluídas nos niveis e tipos ordinarios de escolaridade.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO