"urca" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 55.

    1. Relativo ou pertencente aos cadurcos.

    2. Individuo do pobo galo dos cadurcos.

    3. Pobo galo situado na Aquitania Prima, na actual Quercy. A capital era Divona ou Cadurci, a actual Cahors.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á caverna.

    2. Que está cheo de cavernas.

    3. Aplícase á voz ou a calquera outro son humano que soa rouco.

    4. Cada unha das dúas columnas eréctiles situadas no dorso do pene, no clítoris e ao redor da uretra anterior masculina.

    5. Cada un dos dous sacos venosos situados a cada banda da sela turca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cistoseiráceas.

    2. Alga da familia das cistoseiráceas.

    3. Familia de algas pardas, da orde das fucais, á que pertencen os xéneros Bifurcaria, Cystoseira e Halidrys.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cleftas.

    2. Individuo da comunidade clefta.

    3. Comunidade de homes libres, armados e combativos, fuxitivos da servidume ou campesiños expulsados das súas terras, que se organizaban en bandas e que actuaron no medio rural grego durante a dominación turca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada unha das seis pequenas eminencias situadas na porción endocranial do esfenoide, arredor da denominada cadeira turca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Danza que se executaba xeralmente ao final dos bailes de sociedade, con acompañamento de valses e mazurcas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo cumano.

    2. Individuo do pobo cumano

    3. Pobo nómade de orixe turca, coñecidos tamén como kipchaks ou polovtses, orixinario da rexión da conca media do río Obi.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Daguestán, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Daguestán.

    3. Grupo de linguas turcas que se falan en Daguestán e que se divide en avaro, darguano, lak e lezguio.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que descende.

      2. Intervalo ou serie de intervalos (escala, arpexo ou fragmento melódico) en que calquera son é máis grave ca o anterior.

      3. Parte da aorta que vai desde o arco da aorta ata a súa bifurcación.

      4. Movemento dun astro ao pasar polo horizonte.

      5. Ritmo en que a parte acentuada vai antes ca a non acentuada.

    1. Persoa que procede doutra na sucesión xenealóxica.

    2. Individuo que recibe a herdanza xenética do proxenitor ou da parella de proxenitores dos que procede.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de desviar ou desviarse.

    2. Camiño que colle unha dirección diferente á do camiño ou estrada principal.

    3. Comportamento ou conduta que se aparta do que se considera normal.

    4. Ángulo que forma a agulla náutica co meridiano magnético.

    5. Disposición dos carrís nunha bifurcación que supón o cambio de vía dos trens, de xeito que o tren marchará tan seguro pola vía desviada coma pola vía dereita.

      1. Termo que se utiliza en estatística que serve para designar que un dato, curva estatística ou elemento, non concordan co termo medio ou coa maioría.

      2. Raíz cadrada positiva do valor da variancia dun conxunto de n datos estatísticos x 1 , x 2 ,...,x n . Represéntase normalmente por σ, e é unha media da variabilidade dunha distribución ao redor da media aritmética x.

      3. Esperanza matemática en valor absoluto da diferenza entre unha variable aleatoria e a súa mediana.

    6. Dirección anormal dunha parte ou dun órgano do corpo, especialmente dos ósos.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO