cavernoso -sa

cavernoso -sa

lat cavernosu

Plural: cavernosos Masculino: cavernoso Masculino plural: cavernosos Feminino: cavernosa Feminino plural: cavernosas
  1. adx

    Relativo ou pertencente á caverna.

  2. adx

    Que está cheo de cavernas.

  3. adx

    Aplícase á voz ou a calquera outro son humano que soa rouco.

  4. corpo cavernoso [ANAT ]

    Cada unha das dúas columnas eréctiles situadas no dorso do pene, no clítoris e ao redor da uretra anterior masculina.

  5. seo cavernoso [ANAT ]

    Cada un dos dous sacos venosos situados a cada banda da sela turca.

Citas

  • Foi ao médico porque ten unha tose cavernosa
  • Neste cuarto hai unha humidade cavernosa
  • Visitamos un lugar cavernoso

Palabras veciñas

caverna cavernícola cavernoma cavernoso -sa caveto cavianca caviar