desviación

desviación

desviar

Plural: desviacións
  1. s f

    Acción e efecto de desviar ou desviarse.

  2. s f

    Camiño que colle unha dirección diferente á do camiño ou estrada principal.

  3. s f

    Comportamento ou conduta que se aparta do que se considera normal.

  4. s f [ASTRON ]

    Ángulo que forma a agulla náutica co meridiano magnético.

  5. s f [TRANSP ]

    Disposición dos carrís nunha bifurcación que supón o cambio de vía dos trens, de xeito que o tren marchará tan seguro pola vía desviada coma pola vía dereita.

    1. s

      Termo que se utiliza en estatística que serve para designar que un dato, curva estatística ou elemento, non concordan co termo medio ou coa maioría.

    2. desviación estándar/típica

      Raíz cadrada positiva do valor da variancia dun conxunto de n datos estatísticos x 1 , x 2 ,...,x n . Represéntase normalmente por σ, e é unha media da variabilidade dunha distribución ao redor da media aritmética x.

    3. desviación media

      Esperanza matemática en valor absoluto da diferenza entre unha variable aleatoria e a súa mediana.

  6. s f [PAT ]

    Dirección anormal dunha parte ou dun órgano do corpo, especialmente dos ósos.

  7. s f [TECNOL ]

    Incremento máximo, positivo ou negativo, da frecuencia a partir do valor central da frecuencia portadora sen modular. A relación entre a desviación e a frecuencia modular denomínase índice de desviación ou de modulación.

  8. desviación á esquerda [PAT ]

    Aumento anormal no sangue de neutrófilos hiposegmentandos, inmaturos ou novos.

  9. desviación do complemento [BIOL ]

    Fenómeno que demostra que o complemento ten capacidade para unirse coas células sensibilizadas pola adición de doses crecentes de anticorpos sensibilizantes.

Sinónimos

Citas

  • Para chegar á súa casa tes que coller unha desviación á dereita, Fixeron unha desviación da estrada para que puidesen pasar os coches