"pedo" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 56.

  • Aplícase á medusa que presenta unha dobra no bordo da umbrela chamada veo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ausencia de orde material.

      1. Funcionamento anormal de algo.

      2. Preocupación desmesurada polos acontecementos que teñen lugar na vida, acompañada de alteracións físicas.

      3. Alteración da personalidade que provoca que o individuo adopte identidades diferentes.

      4. Alteración do sono e do apetito debido a unha produción excesiva de melatonina.

      5. Enfermidade mental que oscila entre comportamentos violentos e actitudes obsesivas sobre as consecuencias de sucesos pasados.

      6. Alteración da conduta que inclúe, entre outros, a pedofilia, o masoquismo, o exhibicionismo e o sadismo.

      1. Alteración da orde pública.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso que conduce á formación dos solos a partir dunha rocha nai. OBS: Tamén se denomina pedoxénese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato de fogo que se acopla aos proxectís de artillaría, torpedos, minas, granadas e bombas para inflamar a carga e provocar a explosión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia que estuda os fenómenos da natureza, desde os máis elementais aos máis complexos, e as súas leis xerais. Abrangue diversas ramas, como a acústica, a electricidade, a mecánica, a óptica, a termoloxía e, máis recentemente, a física atómica, a nuclear e a cuántica.

    2. Parte da pedoloxía que estuda as propiedades físicas do solo, o seu comportamento térmico e o seu estado estrutural.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Liña que delimita a parte da superficie terrestre visible desde un punto, na que parece que se unen o ceo coa terra ou o mar.

      2. Conxunto de posibilidades ou perspectivas dun asunto, situación ou materia.

      3. Límite temporal que se ten desde unha perspectiva.

      4.   Conxunto de capacidades do entendemento dunha persoa.

      1. Circunferencia menor da esfera terrestre que, contida nun plano perpendicular na vertical, limita o casquete esférico visible por un observador situado a certa altura, especialmente cando o casquete pertence ao mar.

      2. Círculo menor da esfera celeste, perpendicular á vertical e taxente á superficie da esfera terrestre no pé da vertical do observador.

      3. Círculo máximo da esfera celeste, perpendicular á vertical do lugar, que divide a esfera en dous hemisferios, o visible e o invisible, e é o plano fundamental do sistema de coordenadas horizontais.

      4. Superficie cónica formada polas rectas que, partindo do ollo do observador situado a certa altura, son tanxentes á superficie da esfera terrestre.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recibir ou ter a alguén como hóspede.

    2. Estar alguén como hóspede nun lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a cada un dos tres períodos entre as catro glaciacións do Cuaternario, que se caracterizaron por un clima tépedo, e durante os que se produciu unha elevación do nivel xeral dos mares que provocou transgresións mariñas importantes e a fusión dos glaciares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato empregado para poñer os torpedos na dirección axeitada e acompañalos ao comezo da súa carreira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carnívoro, da familia dos félidos, de gran tamaño, membros robustos e esbeltos e fortes zarpas. Presenta cabeza grande, orellas pequenas, cabeiros moi desenvolvidos e rabo delgado. A pel é de cor ocre, de tonalidade variable, e a crina máis escura. A femia é de menor tamaño, de pelaxe máis clara e non presenta guedellas. O león desenvolve costumes crepusculares, caza preto dos bebedoiros e aliméntase principalmente de animais herbívoros.

      1. Tema iconográfico moi corrente desde a Antigüidade. Aparece na representación de cazarías e nas tumbas reais occidentais, aos pés das figuras xacentes dos reis como símbolo do poder.

      2. Figura de león no tetramorfo que simboliza ao evanxelista Marcos, que ten a súa orixe na visión do profeta Ecequiel narrada no seu libro.

      3. Figura heráldica que se representa coas gadoupas levantadas, a destra alta, a sinistra un pouco máis baixa. A súa posición habitual é a de rampante.

    2. Símbolo da potencia do Reino de Xudá. Como título foi referido ao negus de Etiopia.

    3. Carnívoro pinípedo da familia dos otáridos, de gran tamaño, que presenta corpo fusiforme e coas patas posteriores rematadas en aletas. Habitan no mar aberto formando manadas de moitos individuos e en época reprodutiva acércanse ás costas onde acaparan o maior número de femias formando haréns.

    VER O DETALLE DO TERMO