horizonte

horizonte

lat horĭzonte gr ὁ ριζοντος

Plural: horizontes
  1. s m
    1. Liña que delimita a parte da superficie terrestre visible desde un punto, na que parece que se unen o ceo coa terra ou o mar.

    2. Conxunto de posibilidades ou perspectivas dun asunto, situación ou materia.

    3. Límite temporal que se ten desde unha perspectiva.

    4.   Conxunto de capacidades do entendemento dunha persoa.

    1. s

      Circunferencia menor da esfera terrestre que, contida nun plano perpendicular na vertical, limita o casquete esférico visible por un observador situado a certa altura, especialmente cando o casquete pertence ao mar.

    2. horizonte aparente/ sensible

      Círculo menor da esfera celeste, perpendicular á vertical e taxente á superficie da esfera terrestre no pé da vertical do observador.

    3. horizonte astronómico/racional/verdadeiro

      Círculo máximo da esfera celeste, perpendicular á vertical do lugar, que divide a esfera en dous hemisferios, o visible e o invisible, e é o plano fundamental do sistema de coordenadas horizontais.

    4. horizonte do mar/ visible

      Superficie cónica formada polas rectas que, partindo do ollo do observador situado a certa altura, son tanxentes á superficie da esfera terrestre.

  2. s m [XEOL ]

    Extracto do solo de textura, estrutura e composición homoxéneas e características propias, diferenciado no curso da pedoxénese.

  3. horizonte artificial
    1. [AERON ]

      Instrumento de voo que indica a posición do horizonte respecto do plano horizontal da aeronave.

    2. [MAR ]

      Superficie plana horizontal e reflectora, que se emprega para observar alturas dos astros cun sextante ou outro instrumento de reflexión, cando non se pode ver o horizonte do mar.

  4. horizonte cultural [ARQUEOL ]

    Período ou etapa dunha cultura a partir dun elemento material representativo ou procedente dunha determinada zona xeográfica.

Citas

  • É de horizontes tan limitados que non creo que entenda a situación
  • Marcouse un horizonte de dous anos para aprobar as oposicións
  • O horizonte dos adiantos en medicina é amplísimo
  • Víanse os barcos navegar no horizonte

Formas incorrectas

hourizonte