desorde

desorde

des- + orde

Plural: desordes
  1. s f

    Ausencia de orde material.

    1. s

      Funcionamento anormal de algo.

    2. desorde de ansiedade [MED ]

      Preocupación desmesurada polos acontecementos que teñen lugar na vida, acompañada de alteracións físicas.

    3. desorde disociativo / [PAT/PSIC ]

      Alteración da personalidade que provoca que o individuo adopte identidades diferentes.

    4. desorde estacional afectivo / [PAT/FISIOL ]

      Alteración do sono e do apetito debido a unha produción excesiva de melatonina.

    5. desorde obsesivo-compulsivo / [PAT/PSIC ]

      Enfermidade mental que oscila entre comportamentos violentos e actitudes obsesivas sobre as consecuencias de sucesos pasados.

    6. desorde sexual / [PAT/PSIC ]

      Alteración da conduta que inclúe, entre outros, a pedofilia, o masoquismo, o exhibicionismo e o sadismo.

    1. s

      Alteración da orde pública.

    2. desordes públicas [DER ]

      Delito contra a seguridade interior do Estado que comete ou que causa tumulto ou perturba gravemente a orde pública, sexa en lugares oficiais ou en actos públicos oficiais ou privados.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • Hai tanta desorde nesta biblioteca que non atopo ningún libro dos que busco

Refráns

  • A desorde é pai da orde.
  • Quen anda ao revés, anda o camiño máis dunha vez.
  • Todo anda ao revés: abaixo a cabeza e arriba os pes.