"Erie" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 540.

  • Hidrocarburo de triplo enlace, extremo da serie chamada acetilénica. É moi inflamable e produce co aire mesturas moi estourantes, tamén pode estourar cando se comprime. A combustión dos acetilenos libera unha enerxía especialmente elevada que se emprega na soldadura e no corte dos metais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento radioactivo de número atómico 89. A masa atómica do seu isótopo máis característico é 227.

    2. Serie radioactiva natural, co actinio 227 como elemento máis característico, que comeza co uranio 235 e remata co chumbo 207.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade de ximnasia sueca baseada nunha serie de exercicios rápidos con acompañamento musical que constitúen unha coreografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conceder ou tomar un foro.

    2. Conceder unha serie de privilexios e dereitos de carácter civil ou político a unha persoa.

    3. Medir a capacidade de algo.

    4. Medir a capacidade dun fluído que pasa por un conduto determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abater polas adversidades e problemas que lle poidan xurdir á persoa.

    2. Sentirse angustiado por mor dunha serie de problemas que preocupan.

    3. Anoxarse por algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos agostiños, a santo Agostiño e á súa doutrina.

      1. Membro dunha orde ou congregación agostiña.

      2. Membro dunha congregación relixiosa fundada en 1845 polo pai de Alzon.

      3. Membro da orde relixiosa xurdida a partir da reforma iniciada por Andrés Díaz en Nápoles en 1592. Une a vida contemplativa coa activa.

      4. Membro dunha orde relixiosa xurdida como reforma dos cóengos en tempos da reforma gregoriana que recollía as experiencias dos monxes de San Rufo de Aviñón, fundada en 1309.

      5. Membro da orde mendicante creada polo papa Alexandre IV (1256).

      6. Membro dunha orde relixiosa xurdida como reforma da congregación dos ermitáns de santo Agostiño, na Provincia de Castela, presidida entón por frei Luís de León (1537-1591).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de agrupar ou agruparse.

    2. Unidade asociativa dentro da organización escolar, en que os rapaces e rapazas de todas as idades atopan a continuidade e a coordinación que esixe o proceso educativo.

    3. División do intervalo que comprende todas as observacións dunha serie estatística en pequenos intervalos iguais, denominados clases.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mestura de gases que forma a atmosfera terrestre. Nas capas baixas da atmosfera, o aire perfectamente seco ten a seguinte composición en volume: nitróxeno 78,084%, osíxeno 20,946%, argon 0,934%, dióxido de carbono 0,033%, outros gases raros 0,002%. Ademais destes compoñentes, o aire contén outros gases impurezas, coma o vapor de auga, ozono, amoniaco, hidrocarburos. O aire ten unha importancia vital, xa que o osíxeno que contén intervén na respiración das plantas e dos animais.

      2. Nome xenérico dado antigamente aos gases.

    1. O aire como medio, por oposición á terra e á auga.

    2. ento de pouca intensidade.

      1. Aparencia ou aspecto que posúe algo ou alguén con respecto a outro elemento ou persoa.

      2. Actitude expresiva dunha calidade persoal ou emoción.

    3. Estado de debilidade causado nunha persoa polo mal de ollo.

    4. Aire que, tratado nun aparato ou instalación de acondicionamento do aire, presenta as condicións higroscópicas, térmicas e de depuración axeitadas para crear e manter nun habitáculo un ambiente de características predeterminadas.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Efectuar unha serie de pasos de gran lonxitude para apurar máis ou para medir simplemente.

    2. Andar ás alancadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exhibición dunha serie de calidades propias do individuo, chegando á presunción e á vaidade en ocasións.

    VER O DETALLE DO TERMO