acetileno

acetileno

acetil- + -eno, suf dos carburos de hidróxeno

Plural: acetilenos
s m [QUÍM ]

Hidrocarburo de triplo enlace, extremo da serie chamada acetilénica. É moi inflamable e produce co aire mesturas moi estourantes, tamén pode estourar cando se comprime. A combustión dos acetilenos libera unha enerxía especialmente elevada que se emprega na soldadura e no corte dos metais.