"Bill" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 106.

    1. Tira de tea que vai desde o ombreiro ata o costado oposto e que atravesa o peito como insignia dalgún cargo ou honra.

    2. Calquera fita ou tira feita de diversos materiais que presenta os bordos paralelos e máis longa ca ancha.

    3. Bordo elástico que rodea a táboa do billar.

    4. Aquilo que se estende sobre un espazo longo e relativamente estreito.

    5. Liña ou calquera outro debuxo estreito e longo, en especial sobre tea.

    6. Formación anatómica estreita e alongada.

    7. Moldura arquitectónica longa e estreita.

    8. Zona máis ou menos escura que se observa no sarcómero.

    9. Calquera dos intervalos finitos que están dentro do dominio de valores dunha magnitude física.

    10. Cada unha das dúas pezas da rede que prolongan o funil dunha arte de arrastre de fondo.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proxecto de lei presentado perante o Parlamento británico ou estadounidense.

    2. Texto legal, que no réxime constitucional británico ratifica a actuación ilegal da coroa ou dos seus oficiais, xustificándoa por motivos de urxencia ou de oportunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chave que impide o paso dun líquido por un conduto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xogo de salón que consiste en facer rodar unha bóla de marfil sobre unha mesa rectangular recuberta de feltro verde, impulsándoas cuns paus chamados tacos.

    2. Establecemento ou sala destinada ao xogo do billar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xogo tradicional que consiste en bater cun pau cumprido noutro máis pequeno deitado no chan, facendo que salte para golpealo no aire e lanzalo canto máis lonxe mellor.

    2. Pau pequeno afiado polos dous extremos e destinado a ser golpeado no xogo da billarda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ataca cos cornos.

    2. Que non ofrece confianza.

    3. Xogador de billarda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fragmento de leña de maior tamaño ca a acha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tarxeta que dá dereito a acceder a un local ou utilizar calquera transporte público.

    2. Papel que acredita a participación nunha rifa ou nunha lotaría.

    3. Documento monetario, de papel, emitido por un banco co valor do diñeiro de curso legal e que serve como medio de pagamento.

    4. Motivo ornamental que reproduce nunha moldura o axadrezado nun relevo sobre fondo oco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carteira pequena para levar billetes de banco, tarxetas e outros documentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de prata e cobre, que se emprega para a fabricación de moedas de pouco valor na maior parte dos estados europeos, desde o s X ata o s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO