billete
billete
fr billet ‘billete’
-
m
Tarxeta que dá dereito a acceder a un local ou utilizar calquera transporte público.
-
m
Papel que acredita a participación nunha rifa ou nunha lotaría.
-
m
[ECON ]
Documento monetario, de papel, emitido por un banco co valor do diñeiro de curso legal e que serve como medio de pagamento.
-
m
[ARTE ]
Motivo ornamental que reproduce nunha moldura o axadrezado nun relevo sobre fondo oco.
Confrontacións
entradaCitas
- Paguei cun billete de dez mil pesetas pero non tiñan cambio na tenda
- Polo Nadal sempre compramos un billete para o sorteo do Gordo
- Se queredes visitar tantos lugares o máis barato é un billete quilométrico
- Xa reservei dous billetes de avión para ir a Cuba, Xa comprei os billetes para o concerto de Sting