"Arne" (En toda a entrada)

Amosando 10 resultados de 341.

    1. Preparado con carne picada, especias e outros ingredientes para encher os embutidos.

    2. Masa coa que se fan as filloas, orellas e outros doces típicos do entroido.

    3. Mestura que empregan os oleiros para vidrar os cacharros de barro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Radical monovalente hipotético, de fórmula NH 4 , do que deriva o ión amonio e os sales amónicos.

    2. Composto utilizado en tintura, para conservar carnes e en medicina polas súas propiedades expectorantes e diuréticas.

    3. Designación xenérica dos radicais monovalentes -NR 4 , que resultan de substituír no radical amonio os catro hidróxenos por grupos alquilos e se aplican industrialmente como desinfectantes, funxicidas, desodorantes e deterxentes.

    4. Sólido que se utiliza para desengraxar materias téxtiles, en extintores de incendios, en levaduras químicas e en medicina como expectorante e carminativo.

    5. Substancia que se utiliza para os gravados en vidro, para abrillantar o aluminio e como esterilizante na industria da cervexa e do leite.

    6. Sólido cristalino que se obtén mediante a neutralización do ácido bromhídrico con amoníaco e que se utiliza en fotografía, en litografía, para facer ignífuga a madeira e en medicina como sedante de rápida absorción.

    7. Cristais que se empregan como fertilizante.

    8. Mestura de bicarbonato e de carbonato amónico que se utiliza en tintura, nos fermentos químicos e en medicina como expectorante e carminativo.

    9. Cristais que se empregan como electrólito en pilas secas ou en medicina como expectorante e diurético.

    10. Compostos que se empregan na fabricación de mistos e tamén en soldadura.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Realizar nas castañas un pequeno corte para que ao asalas non estoupen.

    2. Apertar un anaco de pel ou carne entre dous dedos e con forza, facendo dano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tripa gorda do porco coa que se fan as morcillas.

    2. Embutido feito coa tripa gorda do porco que leva ósos, costela e carne picada, adubada con pemento, allo e loureiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Hábito de comer carne humana, especialmente cando se leva a cabo por parte doutros humanos.

    2. Calidade de antropófago.

    3. Subcorrente literaria do modernismo portugués que foi iniciada en 1928 por Oswald de Andrade (1890-1953) na Revista de Antropofagia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aspecto exterior.

    2. Signos exteriores conducentes a determinar un xuízo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de aproveitar ou aproveitarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Artrópodo da orde Araneae, que pertence á clase dos arácnidos. Distínguense doutros arácnidos pola presenza dun pedicelo que une o prosoma co opistoma. A maioría presentan oito ollos e teñen os quelíceros conectados a través de condutos a glándulas secretoras de veleno. No opistosoma sitúanse catro pares de fieiras, onde desembocan as glándulas da seda. Son carnívoras.

    2. Peixe, da familia dos traquínidos, de corpo alongado que presenta de 4 a 7 raios espiñentos provistos de glándulas.

      1. Crustáceo decápodo, da familia dos galateidos, de abdome ben desenvolvido e flexionado debaixo do tórax. Son de cor vermella con liñas azuis transversais.

      2. Nome de diversos crustáceos decápodos braquiúros, particularmente dos xéneros Inachus e Macropodia.

    3. Conexión feita cos extremos de todos os cables que entran nunha estación eléctrica distribuidora para deixar fóra de circuíto a árbore de transmisión, a estrutura e o cadro de mandos.

      1. Conxunto de cordas ou de pequenos cabos que saen dun mesmo punto en direccións diverxentes.

      2. Peza de madeira que evita que se enrede a vela cos cabos que guarnecen os paus.

    4. ácaro. 

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero asiático, da antiga subfamilia dos ovinos, de máis dun metro de altura, parecido a un carneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina de guerra deseñada para derribar tramos de muralla dunha fortificación, composta por unha trabe reforzada no seu extremo por unha peza de bronce ou de ferro en forma de cabeza de carneiro.

    2. Antigo tipo de barco de guerra blindado, de proa sen lanzamento e de roda prominente e reforzada, que arremetía contra as embarcacións inimigas para afundilas.

    3. Aparato de elevación de auga ou doutros líquidos, que permite facer subir un determinado caudal a unha determinada altura.

    VER O DETALLE DO TERMO