ben
lat bene
-
m
Aquilo que procura unha vantaxe, unha utilidade, unha satisfacción ou que é favorable ou conveniente.
-
m
-
Aquilo que se axusta ao que se considera moralmente bo.
-
[FILOS ]
Aquilo que constitúe a perfección dun ser, ben como tal, ben como o fin doutro ser que o desexa en tanto que pode satisfacer unha necesidade ou unha carencia.
-
-
m
Aquilo material ou inmaterial que se pode posuír.
-
m
Persoa á que se lle quere moito. OBS: Neste uso debe ir precedido de posesivo.
-
-
Todo aquilo do que se pode dispoñer xuridicamente para obter un proveito ou unha utilidade.
-
ben común/comunal
Ben aproveitado e de uso exclusivo da comunidade de veciños do concello onde se atopa.
-
ben corporal/material
Ben perceptible por calquera dos cinco sentidos.
-
ben de interese cultural [BIC]
Ben do patrimonio cultural dunha nación declarado relevante para a identidade e permanencia da súa cultura.
-
ben de uso público
Ben de dominio público destinado directamente a uso xeral.
-
ben incorporal/inmaterial
Ben que soamente ten unha existencia intelectual ou xurídica.
-
ben inmoble/bens raíces/sedentes/sitios
Ben que ten unha situación fixa e non pode ser desprazado sen o estragar.
-
ben libre
Ben que non está sometido a ningún gravame.
-
ben litixioso
Ben do que, nunha controversia xudicial, se discute a propiedade.
-
ben non consumible
Ben que pode ser usado sen que se destrúa ou deteriore a primeira vez.
-
ben patrimonial
Ben que pertence a unha persoa de dereito público, non destinado aos servizos públicos ou ao uso xeral.
-
ben público
Ben que pertence a unha entidade pública.
-
ben rexistrable
Ben susceptible de inscrición nun rexistro público para que todo o mundo poida coñecer a situación xurídica.
-
bens consumibles
Bens que co seu uso se destrúen de xeito inmediato ou de forma gradual.
-
bens de ninguén
Bens que non pertencen a ninguén ou que foron abandonados polo seu dono.
-
bens de propios
Ben patrimonial que pode constituír para a facenda dunha entidade local unha fonte de ingresos propios do dereito privado.
-
bens dotais
Bens cos que contribúe a muller ao matrimonio en concepto de dote.
-
bens gananciais
Bens que forman parte do patrimonio común a ambos os cónxuxes, adquiridos durante a sociedade conxugal.
-
bens nullius/ sen dono
Bens mobles ou semoventes que, ao non ter dono coñecido, aplícanse ao estado.
-
bens parafernais/privativos
Bens propios de cada un dos cónxuxes no tempo de celebrar o matrimonio e os que por calquera título adquirisen despois do contrato, en tanto que non formen parte do dote ou das institucións dotais.
-
bens relictos
Bens que deixa ou quedan dalgunha persoa cando esta falece.
-
bens semoventes
Ben moble capaz de ser movido por el mesmo.
-
-
-
Cada un dos medios obtidos polo proceso económico da produción, a través do traballo e empregados polos homes para satisfacer as súas necesidades.
-
ben divisible
Ben que permite identificar o seu beneficiario.
-
ben indivisible
Ben en que non é posible identificar o beneficiario do mesmo.
-
ben inferior
Ben en que a súa demanda diminúe co aumento da renda do consumidor.
-
ben superior/de luxo
Ben en que a súa demanda aumenta cando o fai a renda do consumidor.
-
bens de consumo
Bens destinados ao consumidor e que desaparecen co seu uso.
-
bens de produción
Bens que se empregan como instrumentos de traballo para crear outros bens.
-
-
De xeito conveniente ou como se debería facer.
-
De xeito suficiente.
-
De xeito claro.
Sinónimos
Confrontaciones
pertenza, propiedadeCitas
- (Ou) ben foron ao cine (ou) ben están nunha cafetería, pero na casa non quedaron
- A Humanidade sempre se mantén en loita co ben e co mal
- Aínda que o negue, el ben sabe que non ten razón, Ela ben coñece cál é realmente a situación da factoría
- benfalado, benfeitor
- É ben longa esta estrada, Era unha rapaza ben boa cos seus amigos, Está ben frío o café, Haiche ben delas dentro do cofre
- Está ben, xa non se queixa da operación
- Había ben dúas mil persoas no concerto, Ese coche pode valer ben dous millóns
- Hoxe non se ve ben a tele, Non entendo ben o que quere dicir co seu circunloquio
- Non me pagaron ben o traballo realizado
- O mellor ben que lle podes ofrecer é confiar no seu traballo
- Portouse moi ben na cea de fin de curso
- Quérote moito, meu ben
- Repartiu todos os seus bens entre os fillos
- Toda a súa vida a dedicou ao ben dos desfavorecidos
Frases hechas
-
2 Ser moi traste.
-
Ben deitamos de/Ben nos cadra de. Gracias a.
-
Ben deitarse que. Menos mal que.
-
Ben que/se ben conx conc A
-
Deus dea gozo do ben. F
-
Dicir ben. Sentar ben algunha cousa.
-
Estar ben calzado. Ter recomendaci
-
Estar ben forrado. Ter di
-
Estar ben sabido dalgunha cousa. Estar seguro dalgunha cousa.
-
Facer ben e alcanzar mal. Interpretar mal a conducta de algu
-
Ir ben alumeado/posto. Estar borracho.
-
Nin ben di si, nin ben di non. Apl
-
Non andar moi ben da testa/Non estar ben da cabeza/Non rexer de todo ben. Non ter xu
-
Non se dar ben. Non afacerse.
-
Non ser ben (acabado). Non ser asisado.
-
Non ter os cinco sentidos ben asentados (no seu sitio). Non ser normal.
-
Non vir ben. Non prestar ben unha comida.
-
O que cala ben fala. Expresa a conveniencia da prudencia.
-
Pintar ben. Acaer acertadamente.
-
Ser ben criado. Ser educado.
-
Ser dos que ben bailan. 1 Ser entremetido.
-
Ter moito ben de Deus. Posu
-
Ter un a/por ben. Acceder a facer algunha cousa.
-
Tomar a ben. Parecer ben.
-
Un ovo, e ese ben cacarexado. Apl
-
¡Ai logo ben! Expresi
Refranes
- Ben acaba o que ben está.
- Ben con ben son dous bens.
- Ben e rebén e requetebén, todo xunto, é moito ben.
- Con facer ben, pouco se pode perder.
- De Deus vén o ben e das abellas o mel.
- En todas partes hai bo e malo.
- En todos lados hai de todo.
- Ende xuntando os bens cos males, tódolos días son iguales / tódolos tempos son iguales.
- Facer ben a viláns é botar auga no mar.
- Facer ben nunca se perde.
- Fágase o ben e fágao Xan ou Miguel.
- Fai ben e cálate.
- Fai ben e gárdate.
- Fai ben e non cates a quen.
- Fai ben e non mires a quen.
- Fai ben pero mira como e a quen.
- Fai ben sen mirar a quen, fai mal e gárdate.
- Fai ben sen mirar a quen.
- Fai ben, anque non saibas a quen.
- Fai o que debas e non o que queiras.
- Hai mal que vén por ben.
- Máis ama quen fai ben, que quen agrado ten.
- Máis custa mal facer que ben facer.
- Máis vale ben de lonxe que mal de preto.
- Mal é acabarse o ben.
- Nin hai ben eterno nin mal duradeiro.
- No noso obrar está o ben e o mal.
- Non fagas ben nin mal, sen ver primeiro a quen o fas.
- Non hai ben nin mal que cen anos dure.
- Non hai ben que dure nin mal que non se acabe.
- Non hai ben que dure, nin mal que cen anos se ature.
- Nunca é tarde para facer ben.
- Nunca falta que n ben faga.
- O ben a algúns tráelle o mal.
- O ben anda e o mal corre.
- O ben facer nunca se pode perder.
- O ben moi querido logo é perdido.
- O ben non a todos fai ben.
- O ben non dura e o mal chega axiña.
- O ben non é ben coñecido ata que é perdido.
- O ben que facer poideres, faino ti e non esperes.
- O ben que veña, para todos sexa; e o mal, para quen o queira ir buscar.
- O ben tarde chega; pero o mal vén á carreira.
- O ben voa e o mal revoa.
- O ben, agardalo; e o mal, escorrentalo.
- O ben, buscalo; e o mal, esperalo.
- O bo cansa e o malo farta.
- O bo, porque te honre; e o malo, porque te non deshonre.
- O facer ben nunca está mal.
- O mal e o ben cedo se ven.
- O mal e o ben non son amigos pero son veciños.
- O que non sabe de ben non sabe de mal e o que non sabe de mal non sabe de ben.
- Obra ben sempre que poidas.
- Obrar ben, que Deus é Deus.
- Quen ben che fai, ese é teu segundo pai.
- Quen fai ben ao común non fai ben a ningún.
- Todo acaba coa morte menos o facer ben.
- Veña o ben e veña por onde quixer.
- ¡Deus nos dea ben e casa na que o ter!