barco

barco

barca

  1. m [MAR ]

    Construción de madeira, ferro ou calquera outro material que, mediante unha estrutura axeitada, flota.

  2. m [ZOOL ]

    Cuncha interna da xiba.

  3. barco bateeiro [MAR ]

    Embarcación que se utiliza para transportar os traballadores á batea, e que tamén recolle a produción de mexillón.

  4. barco de río [MAR ]

    Embarcación que se utiliza para transportar dunha beira a outra do río pasaxeiros, gando e mercadorías varias.

  5. barco do cerco [MAR ]

    Embarcación equipada con radares para a localización do peixe.

Confrontaciones

barca, buque, navío

Citas

  • ¿Non me digas que nunca fuches en barco?

Refranes

  • A quilla é de quen a pasa.
  • A vela da barca hai que velala e, se non, largala.
  • Barco cheo, barco baleiro.
  • Barco sen cuberta, sepultura aberta.
  • Quen ha pasa-la barca escusa contar xornada.