barba
lat barba
-
f
Extremidade inferior da cara baixo o labio inferior.
-
f
Pelo que crece na rexión da cara correspondente ao maxilar inferior no home adulto.
-
f
[MAR ]
Nas embarcacións de aparello latino, pequeno cabo co que se liga o carro ao rodamento de proa.
-
f
[ANIMAL ]
Cada un dos filamentos paralelos e dispostos nun mesmo plano a un lado e outro das raques das plumas das aves.
-
f
Cada un dos filamentos que prolongan o casulo do gran do trigo e doutros cereais.
-
f
-
Pequena cantidade dunha capa de cor ou de tinta pictórica que sobresae do límite lineal prefixado.
-
Acumulación de recubrimentos pictóricos formada tras a moldura ou dentro da xunta que queda entre a moldura e a superficie dun retablo se o marco forma conxunto coa táboa.
-
-
f
[TECNOL ]
Baba que presenta o bordo dunha peza fundida ou cuñada.
-
f
[TÉXT ]
Desfeito producido na preparación e na fiadura do estame.
-
f
-
Pelo ou apéndice carnoso que teñen algúns animais.
-
Cada unha das láminas córneas que os cetáceos misticetos teñen implantadas no padal.
-
-
barbas de raposo
[PLANTA ]
gorga.
Sinónimos
Citas
- A barba da cabra, dun peixe
Refranes
- A barba do home, se o gaña, tamén o come.
- Barba a barba, honra se cata.
- Barba de tres cores, barba de traidores.
- Barba pon mesa e non pema tesa.
- Barba remollada, medio rapada.
- Barba ruiba, vento anuncia.
- Barbas que son parellas non gardan ben as ovellas.
- De tal barba, tal maña.
- Dúas barbas parellas mal gardan ovellas.
- Home barbudo, home forzudo.
- Home de barba roiba, cargue con el quen queira e quen poida.
- O forzudo ten que ser barbudo.
- Para ser forzudo, hai que ser barbudo.
- Se sae con barbas, san Antón e, se non, a Purísima Concepción.
- ¡Deus me garde de home mal barbado e de lobo esfameado!
- ¡Deus te garde do mozo, cando lle apunta o bozo!