barbada
barbada
barba
-
f
Parte carnosa situada debaixo do queixo.
-
f
[ANIMAL/ICT ]
Peixe mariño, da familia dos gádidos, que vive en fondos rochosos, onde se alimenta doutros peixes e crustáceos.
-
barbada da Macaronesia
[ANIMAL/ICT ]
Peixe mariño, da familia dos gádidos que vive en pozas da zona intermareal.
-
barbada das pedras
[ANIMAL/ICT ]
Peixe mariño, da familia dos gádidos, que aparece nas charcas intermareais onde se alimenta de algas, crustáceos e outros peixes.
Citas
- Engordou un pouquiño e xa se lle nota máis a barbada
- O cabalo petou coa barbada no valado, O matachín introduciulle o coitelo ao porco que morreu de seguido