arrecife
arrecife
ár ar-rasīf ‘a calzada’
-
s
m
Conxunto de pedras ou sedimentos mariños, dispostos a rentes da auga ou moi preto da superficie, que supoñen un risco para a navegación.
-
arrecife coralino
[BIOL/XEOG ]
Formación calcaria, viva ou fósil, orixinada fundamentalmente polos corpos de organismos sedentarios como corais hermatípicos, escleractinias e algas coralinas. Son propios de mares tropicais pouco fondos.
-
arrecife de barreira
[BIOL/XEOG ]
Arrecife coralino disposto de forma paralela á costa, illando un lagoon ancho e fondo entre eles e a costa.
-
arrecife de franxa
[BIOL/XEOG ]
Arrecife coralino disposto de forma paralela á costa sen lagoon ou cun lagoon pequeno e estreito.