halo

halo

lat halo gr ἅ λως

Plural: halos
  1. s m

    Auréola que rodea unha figura.

  2. s m [ASTRON ]

    Círculo luminoso irisado que aparece, ás veces, rodeando o Sol e a Lúa producidos pola refracción da luz nos cristais de xeo dos cirros.

  3. s m fig

    Atmosfera ou prestixio que rodea unha persoa ou cousa.

  4. s m [FÍS ]

    Anel ou conxunto de aneis que nun tubo de raios catódicos envolven o punto luminoso, xeralmente menos luminoso ca estes.

  5. halo galáctico [ASTRON ]

    Rexión que ten no centro unha Galaxia e que supera en volume varias veces o do disco galáctico. OBS: Tamén se denomina  coroa galáctica.

Sinónimos

Citas

  • Ía deixando un halo de bondade alí por onde pasaba, Naquela festa había un halo de glamour