aumento

aumento

lat augmentu

Plural: aumentos
  1. s m

    Acción e efecto de aumentar.

    1. s

      Número dado pola relación entre a medida da imaxe e a do obxecto nos instrumentos ópticos que dan imaxe real.

    2. aumento angular

      Relación entre o ángulo baixo o que se ve un obxecto a través dun instrumento e o ángulo baixo o que é visto, se se observa sen el.

    3. aumento lateral

      Nos instrumentos compostos de obxectivo e de ocular, a relación entre o diámetro da imaxe virtual obtida polo ocular e o diámetro do obxecto.

  2. s m [MÚS ]

    Procedemento de imitación que consiste en alongar proporcionalmente a duración das notas do tema modelo.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • O aumento da violencia nas rúas é cada vez máis notable