atributo

atributo

lat attrĭbūtu ‘o que é atribuído’

Plural: atributos
  1. s m

    Calidade ou maneira de ser considerada como propia de alguén ou dalgunha cousa.

  2. s m

    Obxecto característico que acompaña normalmente á descrición ou á representación de certos personaxes ou de certas ideas personificadas.

  3. s m [LING ]

    Unidade lingüística que expresa unha calidade ou estado do substantivo ao que se une a través dun verbo copulativo como ser ou estar.

  4. s m
    1. Calidade ou carácter da substancia na que, sen pertencer á esencia do suxeito, se fundamenta.

    2. Cousa que se afirma ou nega dun suxeito; neste sentido, confúndese co predicado.

  5. atributos divinos [RELIX ]

    Cada unha das perfeccións esenciais de Deus.

Confrontaciones

calidade, característica, propiedade, trazo

Citas

  • Entre os atributos de Mercurio están as ás que leva nos pés, A balanza é o atributo da xustiza
  • Fíxose famosa polos seus atributos físicos