trazo

trazo

trazar

Plural: trazos
  1. s m
    1. Liña que se traza ao escribir ou ao debuxar.

    2. Parte ou elemento dunha letra que se escribe sen levantar a pluma do papel.

    1. s

      Aspecto característico da maneira de ser ou da calidade dunha persoa ou dunha cousa.

    2. s [LING ]

      Unidade última na análise fonolóxica da lingua.

    3. trazo distintivo/pertinente [LING ]

      Trazo que serve para diferenciar un fonema dos outros.

  2. s m

    Feito que mostra unha característica da persoa que o realiza.

  3. s m

    Forma característica de cada parte do rostro dunha persoa pola que se identifica ou se diferencia das demais.

  4. s m [LING ]

    guión.

Formas incorrectas

rasgo