asemblea

asemblea

fr assemblée assembler ‘xuntar’

Plural: asembleas
  1. s f

    Xuntanza de persoas reunidas para deliberar e tomar acordos.

  2. s f
    1. Toque de timbal ou trompeta para a reunión e formación das tropas.

    2. Reunión numerosa de tropas para ser instruídas ou para entrar en campaña.

  3. s f [DER ]

    Reunión de todos os compoñentes dunha sociedade, corporación e, en xeral, de calquera persoa xurídica, que constitúe o máximo órgano deliberante.

  4. s f [POLÍT ]

    Congreso dun partido político.

  5. asemblea constituínte [POLÍT ]

    Asemblea extraordinaria que establece un novo texto constitucional.

  6. asemblea de traballadores [DER ]

    Órgano composto por todos os traballadores da empresa que ten a finalidade de controlar os representantes obreiros nos diferentes espazos de actuación dentro da empresa.

  7. asemblea litúrxica [RELIX ]

    Reunión de fieis destinada a proclamar e escoitar a palabra de Deus contida na Biblia ou a celebrar a Eucaristía.

  8. asemblea nacional [POLÍT/HIST ]

    Cámara baixa ou primeira cámara da República francesa, que ten a súa sede no Palais Bourbon de París. Está formada por 577 deputados, elixidos mediante sufraxio universal, directo e secreto cada cinco anos.

  9. réxime de asemblea [POLÍT ]

    Réxime populista, que na tipoloxía dos réximes políticos democráticos está caracterizado por un predominio absoluto da cámara representativa sobre o goberno.

Confrontaciones

conferencia, congreso, convención, xuntanza

Frases hechas

  • Asemblea de fieis. A Igrexa Cat