conferencia

conferencia

lat conferentĭa

Plural: conferencias
    1. conferencia eclesiástica / [DER/RELIX ]

      Reunión do clero dunha circunscrición eclesiástica que posteriormente se substituíu por xornadas ou semanas de estudo.

    2. conferencia episcopal / [DER/RELIX ]

      Reunión do episcopado dun estado ou dunha rexión eclesiástica e do correspondente organismo de coordinación.

    3. conferencia internacional [POLÍT ]

      Reunión diplomática convocada por un estado ou por unha organización internacional para tratar temas de interese común ou para negociar a conclusión dun tratado.

    4. s

      Asemblea ou reunión de varias persoas para tratar cuestións políticas, científicas, sociais ou outras, especialmente cando os participantes representan un determinado país.

  1. s f

    Discurso en que se tratan en público diferentes temas.

  2. s f

    Comunicación telefónica interurbana ou internacional.

  3. conferencia de prensa

    Reunión en que unha ou diversas persoas responden ás preguntas que lles fan os xornalistas.

Confrontaciones

charla, convención, disertación

Citas

  • A súa conferencia tratou a obra do científico exiliado, O profesor visitante deulles unha conferencia aos alumnos de primeiro de filoloxía
  • Celebrouse unha conferencia na que se tentaron solucionar os problemas do medio ambiente
  • Pagou moito de teléfono polas conferencias que fixo