artigo

artigo

lat articŭlu ‘pequena parte dun todo’

Plural: artigos
    1. [DER ]

      Cada unha das disposicións que forman parte dun estatuto, un regulamento, un tratado ou un contrato.

    2. [DER ]

      Cada unha das cláusulas dun contrato.

    3. [LIT ]

      Cada unha das partes dunha publicación colectiva.

    4. s [LING ]

      Cada unha das divisións dun dicionario que corresponden a unha palabra.

    5. [COMUN ]

      Escrito asinado onde se expoñen ideas e xuízos valorativos sobre un feito que é noticia.

    1. s

      Cousa coa que se comercia.

    2. artigo de primeira necesidade

      Aquel que é preciso para a propia subsistencia.

  1. s m
    1. Cuestión incidental nun proceso.

    2. Cada unha das probas dun xuízo ou das preguntas dos escritos de interrogación das testemuñas.

  2. s m [LING ]

    Elemento gramatical que presenta ao substantivo indicando o seu xénero e número, ou dá carácter substantivo a expresións que non son propiamente un substantivo.

  3. artigo de fe [RELIX ]

    erdade indiscutible que se debe crer porque foi revelada por Deus.

Sinónimos

Confrontaciones

crónica, noticia, sección, xénero

Citas

  • Artigo primeiro da constitución
  • Ese artigo está publicado nas actas do último congreso de normalización lingüística
  • Neste establecemento teñen rebaixa en todos os artigos
  • O artigo que estou a ler informa do último tremor en San Francisco
  • O novo diccionario ten trinta mil artigos
  • o sol, a bicicleta de Xan) e indeterminado ou indefinido, que introduce substantivos que designan persoas ou cousas consideradas descoñecidas ou non identificables polos interlocutores ( Escoitaron a voz dunha muller), de carácter xenérico ( Colle un autobús), etc, Como nas outras linguas románicas, no galego o artigo deriva de ille, aínda que nalgunhas rexións (Sardeña, Gascuña) deriva de ipse, A escolla no uso entre as primeiras ou segundas formas do artigo -isto é, entre o, a, os, as ou lo, la, los, las- vén determinada polo fonema final da palabra precedente, A segunda forma emprégase nestes contextos: tras unha forma verbal rematada en -r ou -s (Cómpre que cóma-lo caldo), tralos pronomes nós, vós, nos, vos e lles (Nó-los dous viaxamos sempre en iate; Contóulle-la verdade dende o comezo), tralo adverbio u (¿U-lo libro vermello?), tralas preposicións rematadas en -r ou -s (Tralo estoupido, esvarou polo chan), trala conxunción copulativa mais (Ti e mailo teu curmán sodes o demo), logo do adverbio presentativo eis (Ei-los teus amigos) e tras ambos, entrambos e todos (Collérono entrámbolos dous e levárono nos ombreiros), A primeira forma do artigo emprégase nos restantes casos, incluso nestes que acabamos de citar, Os alomorfos do pronome -o, a, os, as / lo, la, los, las / no, na, nos, nas- están condicionados polo son final do verbo ou do pronome que o antecede na frase, Utilízase a variante lo tralas formas rematadas en -r ou -s (Esquecéchelo ben cedo); tralos pronomes nos, vos e lles (Non nolo quixo, éche un soberbio de seu; Devolvéronllelo sen aceptar recompensa) e tralo adverbio u (¿E ulo?), A forma no tralos verbos rematados en ditongo (Fiteino de esguello para ver o que facía); e a forma o nos outros casos (Se o fai ou non o fai éche un misterio)
  • Sempre leo o artigo que publica Méndez Ferrín no xornal porque estou de acordo coas súas ideas