entrada

entrada

entrar

Plural: entradas
  1. s f

    Acción e efecto de entrar.

  2. s f

    Espazo ou acceso polo que se entra a un lugar.

  3. s f

    Conxunto de persoas que asisten a un espectáculo.

  4. s f

    Billete que dá dereito a asistir a un espectáculo ou a unha actividade cultural.

  5. s f

    Comezo dun período de tempo.

  6. s f

    Ángulos entrantes e carentes de pelo, que se forman aos lados da cabeza e por riba da fronte.

  7. s f
    1. Cantidade de diñeiro que entra nunha caixa.

    2. Produto que se recolle da venda dos billetes dun espectáculo ou dunha actividade cultural.

    3. [ECON ]

      Anotación no debe dunha conta que reflicte un aumento no activo da empresa

  8. s f

    Prato lixeiro que se come antes dos pratos principais dunha comida.

  9. s f

    Posibilidade ou dereito a entrar.

  10. s f [ECON ]

    Cantidade primeira que se entrega nunha compra a prazos.

  11. s f [DER ]

    Pacto agregado á enfiteuse polo que o enfiteuta entrega diñeiro a quen lle cede a finca no momento da entrega.

  12. s f
    1. Intercepción dun xogador a outro para quitarlle o balón.

    2. Penetración dun xogador por medio da defensa do equipo contrario cara á meta que defende este.

    3. Quenda de cada equipo no béisbol.

    4. Quenda de cada xogador no billar.

  13. s f
    1. Danza coa que os personaxes comezaban os espectáculos musicais na Idade Media.

    2. Preludio ou fragmentos musicais que introducen obras musicais, ballets, óperas e oratorios.

    3. Peza musical para órgano sen desenvolvemento.

    4. Xesto do director dunha orquestra para indicar aos intérpretes o momento no que deben comezar a súa intervención.

  14. s f [LING ]

    Elemento lingüístico destacado ao comezo de cada artigo dun dicionario ou doutra obra similar, que é obxecto de definición ou explicación.

  15. s f [FÍS ]

    Circuíto por onde se introduce un sinal nun aparato electrónico.

  16. s f
    1. Periférico utilizado para introducir información nun ordenador.

    2. Introdución de datos nunha máquina ou nunha parte dela.

    3. Conxunto de datos ou sinais que se introducen nun ordenador.

  17. s f [BIBLIOT ]

    Encabezamento que permite localizar unha información bibliográfica nun arquivo ou ficheiro.

  18. dobre entrada [MAT ]

    Método de elaboración de táboas estatísticas no que os datos se ordenan por fileiras e por columnas, representativas de dúas variables diferentes. Cada termo representa a conexión das características que están expresadas horizontal e verticalmente, xeralmente explicitadas en dous subíndices representativos que acompañan cada termo da táboa.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

aperitivo, entrega

Citas

  • Celebraron unha festa de entrada libre, Nese local teñen reservado o dereito de entrada
  • Espérannos na entrada do museo, Construirán un centro comercial na entrada da vila, Vive nunha aldea que hai na entrada do val
  • Fixen un armario na entrada
  • O bo que ten é que sempre lle deu entrada á xente nova
  • Pagareiche na entrada do mes que vén, Xa está aquí a entrada da primavera
  • Tivo moi boa entrada entre os irmáns dela

Frases hechas

  • De entrada. De antem