sección
sección
lat sectĭōne
-
s
f
Cada unha das partes en que se divide un todo.
-
s
f
Acción e efecto de seccionar algo.
-
s
f
[MAT ]
Intersección dun plano cunha superficie.
-
s
f
Corte practicado nun corpo, nun terreo ou nun obxecto que permite o estudo da estrutura interna.
-
s
f
[ARTE ]
Debuxo que representa o aspecto dun terreo, dun edificio, dun corpo calquera como se estivese cortado segundo un plano determinado.
-
s
f
[BOT ]
Categoría taxonómica inferior ao xénero e superior á serie e á especie.
-
sección eficaz
[FÍS ]
Parámetro característico da interacción dunha partícula ou conxunto de partículas fundamentais coa materia, que depende do tipo de interacción, das partículas que interveñen e da súa enerxía. A unidade de medida é o barn.