vía

vía

lat via

Plural: vías
    1. s

      Espazo habilitado para trasladarse dun lugar a outro a través del.

    2. vía romana [HIST ]

      Cada unha das liñas terrestres que constituíron a rede de comunicación entre os puntos principais do Imperio Romano.

  1. s f [TRANSP ]

    Dobre banda metálica que serve de camiño de rodamento ou de desprazamento de diversos vehículos.

  2. s f

    Modo ou medio de comunicación e transporte.

  3. s f

    Conxunto de cousas iguais colocadas en fileira.

  4. s f [ANAT ]

    conduto.

  5. s f

    Actitude ou modo de comportarse dunha persoa.

  6. s f [DER ]

    Procedemento xudicial que se divide en vía contenciosa, executiva, ordinaria e sumaria.

  7. s f

    Modo ou medio que se segue para atinxir un fin.

  8. prep

    A través de ou por medio de.

  9. vía láctea [ASTRON ]

    Faixa de feble luminosidade que envolve a esfera celeste e que constitúe unha zona de elevada densidade de estrelas. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.

Sinónimos

Citas

  • Voaron a Francia vía Madrid

Palabras vecinas

vezar vezo VHF vía viábel viabilidade viable