conduto

conduto
Plural: condutos
  1. s m

    Canle ou tubo por onde circula un fluído.

  2. s m

    ía pola que se consegue que algo chegue ao seu destino.

    1. s

      Estrutura tubular, cun paso relativamente estreito para a circulación de fluídos orgánicos ou para o traxecto de vasos e nervios a través dos órganos.

    2. conduto aferente

      Conduto que leva un fluído desde o exterior dun órgano cara ao interior do mesmo.

    3. conduto auditivo externo

      Comunicación aérea do pavillón da orella ata o tímpano.

    4. conduto biliar

      Conduto que constitúe as vías biliares extrahepática ou intrahepática.

    5. conduto de Wirsung

      Conduto excretor do páncreas que desauga no colédoco ou directamente no duodeno.

    6. conduto deferente

      Tubo fibromuscular que une a cola do epidídimo co conduto exaculador.

    7. conduto eferente

      Conduto que leva un fluído desde o interior dun órgano cara ao exterior do mesmo.

    8. conduto lacrimal

      Conduto que une o punto lacrimal co saco lacrimal.

    9. conduto linfático

      Cada un dos dous vasos linfáticos principais.

    10. conduto semicircular membranoso

      Conduto que contén a endolinfa e unha parte dos órganos do equilibrio.

    11. conduto semicircular óseo

      Conduto escavado no corpo que forma o esqueleto óseo dos órganos do equilibrio no aparato auditivo interno.

    12. conduto uroxenital

      Conduto que serve para o transporte tanto dos ouriños como das células reprodutoras.

Formas incorrectas

conducto