arrancar

arrancar

lat *erŭncare ‘arrancar herbas’ ?

  1. v t

    Sacar da terra o que está plantado.

  2. v t

    Sacar algunha cousa que está introducida ou adherida nalgún sitio.

  3. v t

    Poñer en funcionamento o motor dunha máquina ou un vehículo.

  4. v t

    Sacar violentamente.

  5. v t

    Conseguir algo dunha persoa con esforzo, astucia ou violencia.

  6. v t

    Procurar que alguén abandone un modo de vida ou unha actividade determinada.

  7. v i

    Comezar a moverse un vehículo ou un animal, ou a funcionar unha máquina.

  8. v i

    Ter algo a súa causa ou orixe.

Sinónimos

Citas

  • Arracaron as motos e fuxiron coma foguetes
  • Arrancou as margaridas do balcón
  • Arrancou da nosa casa cando xa eran as tres
  • Arrancou o viño das súas comidas
  • Custoume pero puiden arrancarlle a verdade
  • Déronme un expectorante para arrancar todo que poida
  • Ía tranquilamente pola rúa e arrancáronlle o bolso
  • O can arrancou o veludo dos zapatos
  • O fracaso escolar arranca da falta de motivación dos alumnos
  • O meu coche xa vai vello e cústalle moito arrancar con este frío, A burra estaba torpe e non daba arrancado
Conjugar
VERBO arrancar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arranco
arrancas
arranca
arrancamos
arrancades
arrancan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrancaba
arrancabas
arrancaba
arrancabamos
arrancabades
arrancaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arranquei
arrancaches
arrancou
arrancamos
arrancastes
arrancaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrancara
arrancaras
arrancara
arrancaramos
arrancarades
arrancaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrancarei
arrancarás
arrancará
arrancaremos
arrancaredes
arrancarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrancaría
arrancarías
arrancaría
arrancariamos
arrancariades
arrancarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arranque
arranques
arranque
arranquemos
arranquedes
arranquen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrancase
arrancases
arrancase
arrancasemos
arrancasedes
arrancasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrancar
arrancares
arrancar
arrancarmos
arrancardes
arrancaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
arranca
-
-
arrancade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arrancar
arrancares
arrancar
arrancarmos
arrancardes
arrancaren
Xerundio arrancando
Participio arrancado
arrancada
arrancados
arrancadas