quitar

quitar

lat tardío quitāre

  1. v t

    Separar algo ou alguén do lugar en que estaba.

  2. v t

    Sacar ou extraer unha cousa doutra da que forma parte.

  3. v t

    Sacar para fóra dun recinto pechado algo ou a alguén.

  4. v t

    Arrebatar a alguén algo que é seu.

  5. v t

    Facer que unha cousa desapareza ou deixe de estar no seu sitio.

  6. v t

    Reproducir unha imaxe por procedementos fotográficos.

  7. v t

    Facer saír a alguén dunha determinada situación ou condición.

  8. v t

    Privar a alguén de facer algo.

  9. v t

    Sacar vantaxe a alguén.

  10. v t

    Conseguir algo.

  11. v t

    Adquirir unha entrada ou un billete.

  12. v t

    Conseguir con astucia información de alguén.

  13. v t

    Resolver un problema ou unha conta.

  14. v t

    Imitar, producir ou inventar algo.

  15. v t

    Liberar dunha obriga, dun castigo ou dun cargo.

  16. v t

    Aumentar o tamaño dunha peza de roupa. Tm abs.

  17. v t

    Pór en movemento a pelota en certos xogos e deportes. Tm abs.

  18. v i

    Ser obstáculo ou impedimento para algo. Tm v t.

  19. v i

    Cambiar de posición. Tm v pron.

  20. v pron

    Deixar de facer algo que era hábito.

  21. v pron

    Deixar de ser visible unha mancha tras o seu lavado.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

afastar, apartar, prohibir

Citas

  • Conseguiu que lle quitaran a multa
  • El non é quen de te quitar de vir
  • Esa axuda vainos quitar da miseria
  • Este produto quita as manchas
  • Foi preguntando ata que lles quitou todos os detalles da voda
  • Iso non quita para que o poidas facer, Unha cousa non quita a outra
  • Iso quítase con auga e xabón
  • Quita as faltas con moita potencia, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absluto, Sempre quita el
  • Quita os pratos da mesa
  • Quita peito!
  • Quita unha entrada para min e outra para a nena
  • Quíta(te) de aí
  • Quítalle moitos centímetros de altura ao seu irmán
  • Quitaron un novo modelo de tractor
  • Quitáronlle os cartos con enganos, Quitáronlle as ilusións
  • Quitou moitos cartos con esa venda
  • Quitou o zume das laranxas, Quitou os pantalóns
  • Quitou unha foto
  • Quitoulle uns centímetros ao pantalón, OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto, Quítalle á saia
  • Quitouno de paseo, Quita o leite da neveira
  • Quitouno polo seu irmán
  • Quitouse da bebida
  • Son incapaz de quitar esta división
Conjugar
VERBO quitar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
quito
quitas
quita
quitamos
quitades
quitan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
quitaba
quitabas
quitaba
quitabamos
quitabades
quitaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
quitei
quitaches
quitou
quitamos
quitastes
quitaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
quitara
quitaras
quitara
quitaramos
quitarades
quitaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
quitarei
quitarás
quitará
quitaremos
quitaredes
quitarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
quitaría
quitarías
quitaría
quitariamos
quitariades
quitarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
quite
quites
quite
quitemos
quitedes
quiten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
quitase
quitases
quitase
quitasemos
quitasedes
quitasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
quitar
quitares
quitar
quitarmos
quitardes
quitaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
quita
-
-
quitade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
quitar
quitares
quitar
quitarmos
quitardes
quitaren
Xerundio quitando
Participio quitado
quitada
quitados
quitadas