saída

saída

saír

Plural: saídas
  1. s f

    Acción e efecto de saír.

  2. s f

    Momento en que se sae.

  3. s f

    Lugar polo que se sae.

  4. s f

    Pensamento agudo, enxeñoso e sorprendente.

  5. s f

    Solución a unha situación agobiante.

  6. s f

    Posibilidade de venda dalgún produto.

  7. s f

    Desprazamento planificado cara a un lugar diferente do de residencia.

  8. s f

    Movemento inicial en determinados xogos.

  9. s f [FÍS ]

    Circuíto por onde se extrae o sinal nun aparato electrónico.

  10. s f
    1. Partida de descarga dunha conta.

    2. Transferencia, por parte da empresa, dun saldo debedor cara ao exterior.

  11. s f [BÉL ]

    Acometida repentina das tropas dun exército.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

excursión

Citas

  • A saída da carreira estaba na praza da vila
  • A saída estaba vixiada pola policía
  • Chámote á saída
  • Eses aparatos xa non teñen saída
  • Este rapaz ten cada saída!
  • Fixemos unha saída co colexio
  • O seu problema non ten saída
  • Tiven unha saída moi boa nesta partida

Palabras vecinas

saiagués -sa saial saibo saída saído -da saiga saimel