representación

representación

lat representatiōne

Plural: representacións
  1. s f
    1. Acción e efecto de representar.

    2. Realización dun espectáculo teatral.

  2. s f

    Conxunto de persoas que representan unha corporación.

  3. s f

    Cousa que representa a algo ou a alguén.

  4. s f

    Licenza que concede unha casa comercial a alguén para que venda os seus produtos.

  5. s f [DER ]

    Poder, de carácter revogable, outorgado legalmente a unha persoa, para representar a alguén nunha causa procesual.

  6. s f
    1. Aprehensión ou reprodución consciente dun obxecto presente, dunha percepción pasada ou dun acontecemento futuro.

    2. Imaxe representada.