representar

representar

lat repraesentāre

  1. v t

    Facer presente mediante palabras ou símbolos, a imaxe que se retén na mente.

  2. v t
    1. Servir como símbolo dalgunha cousa ou persoa.

    2. Realizar un debuxo ou unha pintura que reproduce a imaxe de algo.

  3. v t

    Ser unha persoa ou cousa polas súas calidades o mellor exemplo de algo.

  4. v t
    1. Executar en público unha obra dramática, unha comedia ou unha ópera.

    2. Recitar un papel na execución dunha obra dramática, unha comedia ou unha ópera.

  5. v t

    Facer de representante dunha persoa física ou xurídica.

  6. v t

    Aparentar determinada idade.

  7. v t

    Levar algunha cousa algo consigo de forma implícita.

  8. v t

    Ser algo importante ou relevante para alguén.

Citas

  • A cruz representa a Xesús Cristo
  • As novas vacinas representan o avance da medicina
  • Coller ese traballo representará conseguir unha mellora importante
  • Ese afamado avogado representa moitos artistas
  • Ese cadro representa os costumes da época
  • Ese mural representa unha escena primaveral
  • Estes días representan unha obra de Otero Pedrayo
  • Non representa ter trinta anos
  • Representou moi ben o seu papel de don Celidonio
  • Vivir aquí represéntao todo para min