principal

principal

lat principāle

Plural: principais
  1. adx

    Que é o máis importante.

  2. adx

    Que posúe o fundamento de algo.

  3. adx [ECON ]

    Aplícase ao capital dunha obriga, débeda ou censo, en oposición ao rédito, pensión ou canon.

  4. adx
    1. Que non perde o seu acento na frase, en oposición ás palabras proclíticas e enclíticas que si o perden.

    2. Que ten significación independente, fronte ás outras palabras que non a teñen por si mesmas.

  5. s

    Xefe dunha empresa.

  6. s [DER ]

    Persoa que concede un poder respecto do seu apoderado.

    1. eixe principal

      Eixe de revolución dun sistema óptico centrado.

    2. plano principal

      Plano perpendicular ao eixe principal dun sistema óptico centrado que ten a propiedade de ser cortado polos raios incidente e emerxente correspondentes á mesma distancia do eixe.

    3. punto principal

      Punto en que os planos principais dun sistema óptico cortan o eixe do sistema.

Sinónimos

Citas

  • Esa foi a principal razón para non vir
  • Vive na rúa principal da vila, Estaban os principais políticos do país