capital
lat capitāle ‘relativo á cabeza’
-
adx
Relativo ou pertencente á cabeza.
-
-
adx
Que é o principal ou a parte máis importante dunha cousa.
-
adx
[RELIX ]
Aplícase a cada un dos sete pecados principais que se consideran fonte de todos os demais.
-
s
[XEOG/ADM ]
Cidade ou vila principal dunha rexión xeográfica ou dunha circunscrición administrativa.
-
s
[XEOG/ADM ]
Centro ou área dunha actividade cultural, económica e relixiosa.
-
adx
-
-
adx
Aplícase á letra maiúscula, ás veces, decorada artisticamente, coa que adoito comeza un capítulo. Tm s f.
-
escritura capital
Tipo de escritura latina clásica usada normalmente desde o s I a C ao s V d C, da que derivan as demais escrituras latinas a través de sucesivas transformacións.
-
adx
-
s
m
Riqueza acumulada que posúe unha persoa ou unha empresa consistente en bens e, sobre todo, cartos.
-
-
s
Conxunto de medios e instrumentos de produción que permiten producir bens e, consecuentemente, crear plusvalía grazas á participación do traballador asalariado no proceso de produción.
-
capital autorizado
Procedemento para aumentar o capital dunha sociedade anónima.
-
capital circulante
Conxunto de bens que se consomen no proceso produtivo, que cambian sucesivamente de forma, e pasan de ser materia prima a produto elaborado.
-
capital financeiro
Fracción do capital empregado na financiación da produción.
-
capital fixo
Parte dos activos que se materializan en bens durables.
-
capital líquido
Capital que se pode converter inmediatamente en diñeiro dispoñible.
-
capital social
alor monetario das achegas dos socios ás sociedades, particularmente ás mercantís.
-
s
-
capital humano
[SOCIOL/EDUC ]
Concepto desenvolvido desde posicionamentos liberais na segunda metade do s XX, que contribúe á racionalización do gasto público en educación desde a consideración desta como investimento cara ao futuro.
-
inimigo capital
Inimigo moi perigoso.
-
pena capital
Pena de morte.
Sinónimos
Antónimos
Confrontaciones
diñeirada, diñeiralCitas
- A capital de Galicia é Santiago de Compostela
- Primeiro imos tratar a cuestión capital, despois veremos os temas secundarios
- Ribadavia é a capital das festas medievais, A Meca é a capital do Islam, A capital do cine segue a ser Hollywood
- Ten un capital acumulado de varios miles de euros