príncipe

príncipe
Plural: principais
  1. s

    Tratamento dado a un soberano ou a unha soberana.

  2. s

    Persoa que está a cargo do goberno dun principado.

  3. s
    1. Fillo ou filla primoxénito e herdeiro do rei ou do xefe da casa real nalgúns países.

    2. Fillo ou filla do rei.

  4. s

    Membro dunha casa soberana ou mediatizada.

  5. s

    Persoa que posúe este título nobiliario nos países en que é concedido.

  6. s

    Persoa, animal ou cousa que ten a supremacía dentro dun grupo.

  7. príncipe azul [LIT ]

    Personaxe literario que representa o concepto de namorado ideal.

  8. príncipe consorte

    Título dado xeralmente ao consorte dunha raíña, gran duquesa ou princesa soberana cando non lle é dado o de rei, gran duque ou príncipe.

  9. s m príncipe da igrexa [RELIX ]

    cardeal.