aparato

aparato

lat apparātu

Plural: aparatos
  1. s m

    Utensilio formado por varias pezas que realizan conxuntamente unha función determinada.

  2. s m

    Conxunto de elementos ou organismos que permiten a realización de algo concreto.

  3. s m

    Ostentación de preparativos ou medios ante un acontecemento.

  4. s m
    1. Conxunto de órganos, de orixe embrionaria xeralmente común, especializado para levar a termo unha función determinada.

    2. Estrutura celular que leva a termo unha función determinada.

  5. aparato crítico [FILOL ]

    Conxunto de datos facilitados polo editor para xustificar unha determinada interpretación dun texto.

  6. aparato de guerra [BÉL ]

    Conxunto de cousas que se necesitan para a guerra.

  7. aparato vocal [LING ]

    Conxunto de elementos fisióloxicos que interveñen na fonación lingüística e que se divide en tres subaparatos: respiratorio, fonador e articulatorio.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

til, utensilio

Citas

  • A infanta celebrou unha voda con grande aparato
  • As autoridades ameazaron a guerrilla con utilizar todo o seu aparato de guerra
  • Co novo aparato que mercaron, podemos fabricar o mesmo en menos tempo
  • O aparato do partido decidiu botar a estes militantes fóra