instrumento

instrumento

lat instrumentu

Plural: instrumentos
  1. s m

    Obxecto que se emprega para a realización dun traballo ou unha operación.

  2. s m [MÚS ]

    Obxecto natural ou elaborado expresamente que se emprega para producir sons musicais.

  3. s m

    Cousa ou persoa da que alguén se vale para a realización dun fin.

  4. s m [DER ]

    Escritura ou documento co que se xustifica ou proba unha cousa.

  5. instrumento de reflexión [MAR ]

    Instrumento que, baseándose na leis de reflexión da luz sobre espellos planos, se emprega a bordo das naves para medir certos ángulos, especialmente as alturas dos astros.

Sinónimos

Citas

  • Non pode facer un bo traballo porque non ten bos instrumentos
  • Úsano como un instrumento político