pesca

pesca

pescar

Plural: pescas
    1. s

      Actividade económica que consiste na captura de peixes ou doutros animais vivos da auga e que ten como obxectivo desta captura o consumo humano ou a venda como materia prima para diversas industrias.

    2. pesca de altura

      Pesca que se realiza en mar aberto con grandes barcos en caladoiros internacionais ou comunitarios.

    3. pesca de baixura

      Pesca que se realiza sen saír da plataforma costeira e dentro dos límites das augas xurisdicionais dun país, con pequenas embarcacións.

    4. pesca fluvial

      Pesca que se practica nos ríos, nos lagos ou en calquera masa de auga doce.

  1. s f

    Acción e efecto de pescar.

  2. s f

    Conxunto de peixes que se pescan dunha vez.

  3. s f [DEP ]

    Conxunto de actividades relacionadas coa captura do peixe, por recreo e sen finalidades lucrativas.

Refranes

  • A liña, pouca fariña.
  • A sacada chucha a cana.
  • As artes non te mates, porque o mar fai nas redes desbarates.
  • As artes non te mates.
  • As betas non te metas.
  • As betas non te metas.
  • Cunha sardiña pode pescarse unha troita ou unha anguía.
  • Máis vale pescar no mar linguados que no río barbos.
  • O chinchorro fai o zorro.
  • Ó escacho polo abril non hai máis que lle pedir.
  • O palangre chucha o sangue.
  • Ó peixe grande sóltalle a liña.
  • O pescar con cana quere paciencia e maña.
  • O que vai ás barbadas ás veces na!¡penas esbara.
  • O xeito senta o peito.
  • Os rniños fan meniños.
  • Para pescar hai que ir ao rio ou ao mar.
  • Peixe ao cabeceiro, ou moitos ou o primeiro.
  • Pescador de anzoo, volve á casa con doo.
  • Pescador de cana come máis do que "gana" e, se a sorte lle corre, máis do que "gana" come.
  • Pescador de cana máis come que "gana" e, se a sbrte lle vén, máis come que ten.
  • Pescador de cana máis perde que gaña.
  • Pescador que pesca un soilo peixe, mellar lle é que o oficio deixe.
  • Quen queira pescar, ten que se mollar.
  • ¿Ti que pescas, Pedro? Pesco as barallocas. ¿E con que as engadas? Unhas coas outras.
  • ¿Vas á rapeta? andarás mallado, faraste..., morrerás inflado.
  • ¿Vas á rapeta? Andarás mollado, taraste a porreta e morrerás inflado.