pesca
pesca
pescar
-
-
s
Actividade económica que consiste na captura de peixes ou doutros animais vivos da auga e que ten como obxectivo desta captura o consumo humano ou a venda como materia prima para diversas industrias.
-
pesca de altura
Pesca que se realiza en mar aberto con grandes barcos en caladoiros internacionais ou comunitarios.
-
pesca de baixura
Pesca que se realiza sen saír da plataforma costeira e dentro dos límites das augas xurisdicionais dun país, con pequenas embarcacións.
-
pesca fluvial
Pesca que se practica nos ríos, nos lagos ou en calquera masa de auga doce.
-
s
-
s
f
Acción e efecto de pescar.
-
s
f
Conxunto de peixes que se pescan dunha vez.
-
s
f
[DEP ]
Conxunto de actividades relacionadas coa captura do peixe, por recreo e sen finalidades lucrativas.
Refráns
- A liña, pouca fariña.
- A sacada chucha a cana.
- As artes non te mates, porque o mar fai nas redes desbarates.
- As artes non te mates.
- As betas non te metas.
- As betas non te metas.
- Cunha sardiña pode pescarse unha troita ou unha anguía.
- Máis vale pescar no mar linguados que no río barbos.
- O chinchorro fai o zorro.
- Ó escacho polo abril non hai máis que lle pedir.
- O palangre chucha o sangue.
- Ó peixe grande sóltalle a liña.
- O pescar con cana quere paciencia e maña.
- O que vai ás barbadas ás veces na!¡penas esbara.
- O xeito senta o peito.
- Os rniños fan meniños.
- Para pescar hai que ir ao rio ou ao mar.
- Peixe ao cabeceiro, ou moitos ou o primeiro.
- Pescador de anzoo, volve á casa con doo.
- Pescador de cana come máis do que "gana" e, se a sorte lle corre, máis do que "gana" come.
- Pescador de cana máis come que "gana" e, se a sbrte lle vén, máis come que ten.
- Pescador de cana máis perde que gaña.
- Pescador que pesca un soilo peixe, mellar lle é que o oficio deixe.
- Quen queira pescar, ten que se mollar.
- ¿Ti que pescas, Pedro? Pesco as barallocas. ¿E con que as engadas? Unhas coas outras.
- ¿Vas á rapeta? andarás mallado, faraste..., morrerás inflado.
- ¿Vas á rapeta? Andarás mollado, taraste a porreta e morrerás inflado.