pescada
pescada
pescar
-
s
f
[ANIMAL/ICT ]
Peixe mariño teleósteo, da familia dos merlúcidos, que presenta o corpo fusiforme, moi alongado, de cor cinsenta, as aletas moi longas, os ollos de gran tamaño e a mandíbula inferior sobresaínte e con dentes agudos. OBS: Tamén se denomina merluza e pixota.
-
pescada negra
[ANIMAL/ICT ]
Peixe mariño óseo, da familia dos centrolófidos, que presenta o corpo alongado e comprimido, de cor negra, con dentículos agudos na marxe preocular e cunha soa aleta dorsal longa e unha aleta caudal gallada.