padroado

padroado

lat patronātu

Plural: padroados
  1. s m

    Axuda ofrecida a unha persoa por outra, por un organismo ou por unha institución.

  2. s m

    Órgano de xestión e de representación das entidades de carácter fundacional.

  3. dereito de padroado [RELIX ]

    Facultade de presentar un crego, en calquera dos seus graos, para a provisión dun bispado, prelatura secular ou regular, dignidades, prebendas, en catedrais e colexiatas, reitorías e beneficios.

  4. padroado real [HIST/DER ]

    Costume medieval restablecido como dereito durante o reinado dos Reis Católicos (finais s XV-comezos s XVI) que autorizaba os monarcas para prover a maioría dos cargos eclesiásticos.

Sinónimos

Formas incorrectas

patronato