padriño

padriño

lat v *patrīnu

Plural: padriños
    1. s

      Persoa que presenta ou asiste no bautismo, confirmación, casamento ou orde a unha persoa e asume así certo tipo de responsabilidade con ela.

    2. s

      Padriño e madriña no bautismo ou no matrimonio.

  1. s m

    Persoa que favorece ou patrocina a outra.

  2. s m

    Home que presenta e acompaña a alguén que recibe un grao ou un honor.

  3. s m

    Home que asiste ou acompaña a alguén co obxecto de defendelo e axudalo nos seus dereitos.

Citas

  • Dixeron que conseguira o traballo porque tiña un bo padriño
  • Foille de padriño cando xurou o cargo de avogado