osmótico -ca

osmótico -ca
Plural: osmóticos Masculino: osmótico Masculino plural: osmóticos Feminino: osmótica Feminino plural: osmóticas
  1. adx

    Relativo ou pertencente á osmose.

  2. choque osmótico [QUÍM/FÍS/BIOL ]

    Cambio repentino na presión osmótica que afecta a un sistema ou organismo vivo.

  3. coeficiente osmótico [QUÍM/FÍS ]

    Coeficiente que inclúe todos os factores que expresan a desviación do comportamento dunha solución respecto do comportamento ideal.

  4. presión osmótica [QUÍM/FÍS ]

    Diferenza de presión entre os dous lados dunha membrana semipermeable que separa dúas solucións de concentracións diferentes cando o sistema está en equilibrio.

Palabras vecinas

osmorregulador osmose osmotaxe osmótico -ca osmunda osmundáceo -a osmundal